Menu
  • Acerca da DAG
  • Novas
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
noticias socios/socias
20 de setembro 2024

Un cartel de Pepe Barro na exposición da​ ​Luga Poster Biennale

O próximo 27 de setembro inaugúrase a exposición da Luga Poster Biennale na Escola Superior de Media Artes e Design​ sita en Vila do Conde. Entre os carteis seleccionados atopamos un do noso socio Pepe Barro.

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

A convocatoria lanzada a deseñadores e estudantes o pasado mes de maio recibiu máis de 1600 carteis. Unha selección de 300 participarán da mostr​a que se organiza en Portugal ata o día 31 de outubro. Entre eles están o traballo de Pepe Barro «3 mulleres: roterio arredor de De Castro, Herrera, Villalta»; e o da tamén galeg​a,​ Alicia Calviño, titulado «Casas sen xente», ambos do 2024.

Cómpre destacar a presencia da​​ deseñadora María Ramos e do deseñador Xóse García no xurado desta primeira edición, que compartiron experiencia xunto con Paula Scher, Isidro Ferrer, Joana Monteiro, Rui Abreu, Agnieszka Siemiszewska e Rui Mendonça. A DAG participa da iniciativa ​​e abre con elo novas vías​ ​de colaboración con entidades do país veciño.

O evento comezará ás 15.00 h (hora local) coas conferencias de João Faria e Pep Carrió, seguidas da entrega de premios, unha visita á exposición e unha festa.

A Luga Poster Biennale é un proxecto da Escola Superior de Media Artes e Design, Instituto Politécnico do Porto (ESMAD/P.PORTO) e o Instituto de Investigación en Diseño, Medios y Cultura (ID+). Pretende explorar o cartel como elemento fundamental de investigación e como forma de expresión artística e comunicativa.​

Web da Luga Poster Biennale
Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar) Corredoira das Fraguas, 92 15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421 Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

É membro da

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.