Menu
  • Acerca da DAG
  • Novas
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
1 de marzo 2017

Un novo Plan estratéxico para avanzar na organización da READ

A asemblea xeral da READ reuniu o pasado 16 de febreiro en Madrid a máis de vinte delegados e delegadas para avanzar na organización da plataforma que suma, neste momento, dez asociacións de deseño (ADCV, Eide, Di_mad, DAG, Cuenca diseña, AGA, Diex, Dip, AAD e Dis).

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

Alén de analizaren o estado dos proxectos en curso –como Transferencias, o Código deontolóxico, ou a Memoria do deseño– puideron coñecer as relacións que se están a establecer con novos aliados como Packnet e valorar as futuras redes que se construirán de forma inminente con Beda.

Como cada dous anos, procedeuse á rotación dos cargos e á DAG correspondeulle a vicepresidencia segunda que seguirá estando representada por Uqui Permui. Na vicepresidencia primeira estará Teresa Jular da DIP; na secretaría, Carlos Sagrado de Diex; na tesouraría, Marcelino de la Fuente de AGA; mentres que a presidencia fica so a dirección de Vicente Gallega, quen presentou o novo Plan estratéxico para avanzar na organización da asociación cunha estrutura de traballo baseada en seis puntos:

  1. Organización que os axude a seren máis operativos no funcionamento interno.
  2. Financiamento para conseguir desenvolveren os proxectos e accións de forma economicamente viábel.
  3. Estudar a representación das asociacións, tanto das que formen parte, como das que non, da Read.
  4. Pensar en como mellorar a transparencia da organización, visibilizando tanto o traballo que se realiza, como os representantes das asociacións.
  5. Ampliar a relación coas empresas.
  6. Iniciar relacións con asociacións doutros países, cos obxectivos de intercambiar experiencias, coñecemento e cultura, e estimular accións conxuntas de internacionalización.

Por último, canto á organización do 5ENAD, que este ano terá lugar en Valencia, propúxose facela coincidir coa Feria do Hábitat, polo que se situaría na segunda quincena de setembro.

Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar) Corredoira das Fraguas, 92 15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421 Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

É membro da

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.