Novas

Un obradoiro para iniciarse na caligrafía

Para coñecer os estilos máis importantes, as plumas usadas para cada un e experimentar algún deles, claro, primeiro trazos básicos e despois o alfabeto de cada estilo, dividido por familias. Para apreciar as diferenzas entre os distintos papeis, tintas e acuarelas, e aprender a escoller os materiais óptimos para o estilo de caligrafía que se vaia practicar.

  • Impartido por: Belén L. Méndez
  • Nivel: iniciación
  • Duración: 12 horas
  • Horario: sábado de 10 h a 14 h e de 16 h a 20 h e domingo de 10 h a 14 h
  • n.º de prazas: 15
  • Cota de inscrición: 120 € (desconto do 10% para socios da DAG)
  • Material incluído no obradoiro
  • Datas: 5 e 6 de novembro de 2016
  • Lugar: Escola Unitaria (Santiago de Compostela)

INSCRICIÓN: chamando ao 609 830 553 ou enviando un mail cos teus datos e o obradoiro no que queres participar a queroaprender@escolaunitaria.com