Menu
  • Acerca da DAG
  • Novas
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
3 de febreiro 2015

Unha asemblea anual de socios DAG chea de actividades

A DAG, Asociación Galega de Deseñadores, celebra este sábado 7 de febreiro a súa xuntanza anual de socios no estudio Costa da Coruña (rúa Real, 55, 1º esquerda).

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

A xornada desenvolverase ao longo de todo o día, de acordo co seguinte programa: - Unha sesión de mañá (de 11.00 a 14.00 h), aberta a todo o público, e que inclúe unha charla sobre identidade visual e corporativa a cargo de Dani Bembibre + unha demostración do funcionamento dunha impresora 3D. - Xantar, sobre as 14.00 h, no restaurante Valentín + sobremesa coa presentación do libro_O como é o que conta,_ escolma de textos de Pepe Barro. - Unha sesión de tarde, só para socios, na que se celebrará a asemblea anual DAG a partir das 17.00 h. As persoas interesadas en participar en calquera das actividades abertas teñen de prazo ata este xoves 5 de febreiro para enviar un mail a info@asociaciondag.org especificando en que actividade ou actividades se queren inscribir: conferencia, demostración, xantar presentación (prezo do menú): 15 euros.

Descargar
Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar) Corredoira das Fraguas, 92 15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421 Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

É membro da

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.