Menu
  • Acerca da DAG
  • Novas
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
13 de xullo 2012

Unha exposición do Vitra Design Museum homenaxea en Compostela os obxectos cotiáns

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

Do 6 de xullo ao 29 de agosto de 2012 pode visitarse no Colexio de Fonseca en Santiago de Compostela unha exposición que lles rende homenaxe aos obxectos cotiáns e que nos desvela as historias que se agochan detrás deles. Os protagonistas desta mostra que leva por título Heroes ocultos. Inventos xeniais. Obxectos cotiáns son obxectos coma o lapis, a lata, a cremalleira, o clip, o apósito, a pinza para prender a roupa, o abanico ou o tetrabrik, elementos todos que forman parte do noso día a día e nos que xa non reparamos, pero aos que esta exposición nos ensinará a mirar con outros ollos, descubríndonos aspectos como a fascinante historia da súa invención, as condicións técnicas de fabricación, a súa evolución ou que inspirou os artistas e deseñadores á hora de crealos. Os conservadores do Vitra Design Museum Jochen Eisenbrand e Laura Hompesch son os comisarios desta exposición que nos achega a esas acertadas estratexias creativas e empresarias que conseguiron o éxito, pero que tamén nos descobre que moitas veces é o azar quen se acha detrás de produtos masivos que, en realidade, foran concibidos como algo completamente distinto. Lugar: Colexio de Fonseca Praza de Fonseca, s/n Santiago de Compostela Horario da exposición: De luns a sábado, de 11 a 14 h e de 17 a 20.30 h Domingos e festivos, de 11 a 14 h Visitas guiadas para grupos, cita previa no teléfono 981 554 400

Descargar
Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar) Corredoira das Fraguas, 92 15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421 Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

É membro da

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.