Menu
  • Acerca da DAG
  • Novas
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
2 de marzo 2016

Unha nova socia :)

Leva dez anos vinculada ao mundo do deseño, os mesmos anos que ten a DAG, e cre que chegou a hora de traballar desde o colectivo pola dignificación do deseño galego. Benvinda!

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

Ola, son Conchi Mayo e non son deseñadora. Son a directora de DARDO, empresa galega de deseño que neste ano cumpre o seu décimo aniversario. O meu labor é o de dirixir os proxectos encargándome da produción, actuando como xestora de contas a partir da relación directa co cliente e a análise de cada traballo coas creativas de DARDO. Non entendo o meu labor como unha supervisión, senón como un complemento, colaborando na selección dos materiais para cada proxecto e sempre en contacto directo cos provedores, coidando os detalles, acabados e a calidade de cada cousa que facemos e sen descoidar os factores de sustentabilidade. A miña función é, en ocasións, similar á dun tradutor para o cliente e un cómplice para as deseñadoras, ás veces afanándome nun traballo e outras ausentándome por completo. Entendo que un bo traballo non é unicamente o máis creativo senón o que é capaz de sumar a iso unha boa relación entre orzamento, prazos e obxectivos. Definir o briefing co cliente e destilalo coas creativas para volvelo proxectar co cliente é o meu plan de cada día, algo así como unha roda dentada que ten que permitir que todo avance.

Neste 2016 que cumprimos 10 anos, igual que a DAG, en DARDO cremos que xa é hora de unirnos á Asociación, agradecendo todo o que tedes feito polo deseño galego, e compartir e contribuír coa nosa experiencia para proxectar e defender o deseño responsable feito en Galicia.

Perfil de socia DAG
Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar) Corredoira das Fraguas, 92 15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421 Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

É membro da

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.