Unirede
A Asociación Adouspuntocero de profesionais dos medios sociais de Galicia, en colaboración coa USC organiza o foro unirede, o primeiro foro galego da web 2.0, este sábado 15 de outubro de 2011 na Facultade de Ciencias da Comunicación en Santiago de Compostela.
O foro ten como obxectivo favorecer o intercambio entre os distintos actores dos medios sociais en Galicia e difundir entre a sociedade as vantaxes e as posibilidades de desenvolver a web 2.0 nos diferentes sectores económicos da nosa comunidade. Durante a sesión da mañá terá lugar unha master class sobre estratexias en social media do off ao on, a cargo de Fátima Martínez López, o relatorio sobre mobile social media de David Serantes e dous obradoiros sobre estratexias e operatividade nos social media con Juan José Romero e José Luis del Campo. A sesión da tarde estará dedicada á exposición de boas prácticas e casos de éxito en Galicia no traballo coas redes sociais e mais ao desenvolvemento de varios obradoiros simultáneos sobre temas como intervención social, turismo e gastronomía, industria cultural e comunicación e tecnoloxía. Máis información e inscricións en: http://forounirede.com/
