Menu
  • Acerca da DAG
  • Novas
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
12 de setembro 2024

Uqui Permui e Noemí Cortizas participan con READ na France Design Week

As socias Uqui Permui e Noemí Cortizas forman parte do equipo de READ que estará na France Design Week o próximo 20 de setembro, participando do proxecto «Dialogos sur le design», desenvolvido polo grupo de internacionalización.

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

O obxectivo do evento «Dialogos sur le design» organizado desde o grupo de internacionalización de READ e no que levan meses traballando é o de establecer alianzas e crear redes entre distintos países para darlle visibilidade aos profesionais do deseño español no estranxeiro e difundir a imaxe de España como referente en deseño e innovación.

En colaboración coa Asociación para la Promoción del Diseño (APCI), membro de BEDA igual que READ, ofrécese un espazo de intercambio de experiencias centrado en dous eixos: o desafío dixital e a internacionalización do deseño. O evento terá lugar no Colexio de España en París o 20 de setembro de 10 a 13.30 horas.

Uqui Permui, como vicepresidenta segunda e coordinadora dos grupos de traballo de READ, xunto con Emmanuel Thouan presidente de APCI, darán comezo á xornada. Para a conferencia inaugural cóntase con Marcelo Alegre, deseñador industrial do estudio Alegre Design, compañía internacional ubicada en Valencia que ten colaborado con marcas en diferentes partes do mundo. ​​A continuación realizaranse unha serie de «Diálogos» entre deseñadores españois e franceses sobre cuestións relacionadas co desafío dixital e a internacionalización dos e das profesionais do deseño. Aquí é onde participa a nosa socia Noemí Cortizas, residente en París, que tamén é socia de APCI.

Por último, haberá unha sesión de portfolios moderada por Fran Méndez, de DIEX, para a que se abre convocatoria a estudantes e deseñadores e deseñadoras noveis (menos de dous anos nun estudio profesional). Serán seleccionados catro proxectos e presentados na xornada por cada deseñador/a (presencialmente). As persoas interesadas poden enviar o dossier (menos de 10 páxinas) en formato horizontal e en pdf, antes do 16 de setembro, ao seguinte correo: dag@designread.es

A partir das 19:30 horas, READ e APCI invitan a profesionais e actores do deseño de Francia e España a un cóctel-cea networking no Hotel Meliá Vendôme de París, para intercambiar e compartir ideas e proxectos de deseño de ambos os dous países.

O grupo de traballo de internacionalización de READ esta formado por Raúl Álvarez (DIME), Kike Correcher (ADCV), Noemi Cortizas (DAG), Fran Méndez (DIEX), Carlos Tíscar (ADCV) e Uqui Permui (DAG).

Agradecemos á Xunta de Galicia, a través do Programa de Deseño para a Innovación e a Sustentabilidade 2024 – DIFERENZA, o apoio dado a DAG para promocionar o deseño galego neste evento.

Máis info
France Design Week
Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar) Corredoira das Fraguas, 92 15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421 Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

É membro da

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.