Menu
  • Acerca da DAG
  • Novas
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
27 de xuño 2012

Verán de deseño na Barrié con Type in motion e Deseño de sistemas. Escola de Ulm

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

Type in motion é unha exposición sobre tipografía en movemento que xa se puido visitar na sede da Fundación en Vigo a comezos deste ano, e que se traslada agora á sede da Coruña, onde permanecerá aberta ao público ata o 23 de setembro. No caso de Diseño de sistemas. Escola de Ulm, trátase da primeira oportunidade para ver en Galicia esta exposición organizada pola Disseny Hub Barcelona (DHBU) e que ofrece unha visión panorámica do traballo desenvolvido pola Escola de Ulm entre 1958 y 1963. A mostra, que reúne un total de 70 pezas procedentes do arquivo da Hochschule für Gestaltung de Ulm (Alemaña) e de coleccións privadas e arquivos españois, ocupa dous andares da Fundación e divídese en cinco áreas: sistemas de mobiliario, sistemas de electrónica, identidade corporativa e sistemas de comunicación, que exploran o concepto de sistema expresado como conxunto de compoñentes enlazados racionalmente entre si, e que son capaces de xerar un obxecto ou de contribuír ao seu desenvolvemento e formación. Máis información en: http://www.fundacionbarrie.org/ Entrada gratuíta Horario: de martes a domingo: 12.00-14.00 / 18.00-21.00

Datas de apertura: Type in motion: ata o 23 de setembro Deseño de sistemas. Escola de Ulm: ata o 14 de outubro

Sede Fundación Barrié en Vigo Policarpo Sanz, 31 36202 Vigo. España Tel.: + 34 986 11 02 20 Sede Fundación Barrié en A Coruña Cantón Grande, 9 15003 A Coruña. España Tel.: + 34 981 22 15 25

Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar) Corredoira das Fraguas, 92 15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421 Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

É membro da

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.