Vídeo. Entrevista con Thomas Widdershoven do estudio Thonik
Thomas Widderhoven, fundador xunto con Nikki Gonnissen do estudio holandés Thonik, explicanos o proceso de creación de varias das identidades visuais desenvolvidas por este estudio con sede en Amsterdam.
Thonik ven creando na última década unha importante labor de creación de identidades no sector cultural, reinterpretando o paradiga tradicional dos programas modernos de identidade baseados nun esquema predefinido por un nome, un imagotipo e un logotipo. Os seus malabarismos tipográficos transforman a mensaxe textual en imaxes gráficas invasivas, compostas por unha breve -ou complexa- configuración de letras sobre múltiples variacións que construen o concepto de imaxe corporativa sin renunciar ó concepto de xogo gráfico. A versión francesa da revista Etapes publica periodicamente na súa web e no seu canal de Vimeo diferentes vídeos co máis destacado da gráfica e da cultura visual.