Menu
  • Acerca da DAG
  • Novas
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
23 de novembro 2011

Vídeo mapping na EASD Pablo Picasso

A Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso da Coruña presenta mañá xoves, día 24 de novembro, unha conferencia sobre vídeo mapping e mais un obradoiro que se desenvolverá os días 24 e 25, e que contará coa presenza de Mario Jiménez, colaborador na exitosa proxección do 800 centenario da Catedral de Santiago.

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

A conferencia versará sobre a súa traxectoria profesional e tamén sobre a súa experiencia no mundo laboral, e en concreto no vídeo mapping, isto é, a proxección audiovisual sobre arquitectura, que exemplificará co caso da Catedral de Santiago de Compostela. O obradoiro consistirá na presentación e axustes previos dunha proxección sobre unha arquitectura efémera ata conseguir unha máscara ou patrón sobre o cal poder traballar, e os asistentes terán que elaborar contidos audiovisuais para a súa proxección e verificación.

Horarios xoves, 24 de novembro 12.00 a 14.00 h: Conferencia (aberta a todo o público) 16.30 a 20.30 h: Taller venres, 25 de novembro 09.00 a 14.00 e 16.30 a 19.00 h: Taller

Lugar: EASD Pablo Picasso Os pelamios 2 15001 A Coruña

Máis información en: EASD Pablo Picasso Mail: prensa.easdpp@gmail.com Teléfono: 981 225 396

Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar) Corredoira das Fraguas, 92 15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421 Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

É membro da

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.