Menu
  • Acerca da DAG
  • Novas
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
22 de febreiro 2013

VII Edición das Xornadas de Arquitectura e Deseño

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

O Cluster da Madeira de Galicia organiza o próximo 28 de febreiro a VII edición das Xornadas de Arquitectura e Deseño.

A xornada deste ano, que se desenvolverá no edificio CERSIA en Santiago de Compostela, contará, na sesión de mañá, coa presenza de relatores comoIsmael Ameneiros e Santiago Rey (HH Estudio de Arquitectura), Javier Díez (estudio díez+díez), Patricia Martínez (Arturo Álvarez) Luís Sirvent (Sirvent Vigo), José Antonio Vázquez (departamento de Tecnoloxía da Construción da ETSA) e Xulio Turnes (socio-fundador de Amosega). E reservarase a sesión da tarde para a realización de encontros personalizados entre os profesionais do sector participantes e as empresas do Cluster da Madeira co obxectivo de compartir sinerxías e poñer en común posibles proxectos futuros.

A inscrición é de balde e para participar só fai falta cubrir o seguinte formulario: http://clustermadeira.com/wp-content/uploads/2013/02/Formulario_inscripcio%CC%81n1.pdf

Lugar: Edificio CERSIA Rúa Alcalde Raimundo López s/n Santiago de Compostela Descarga o programa:

Descargar
Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar) Corredoira das Fraguas, 92 15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421 Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

É membro da

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.