Menu
  • Acerca da DAG
  • Novas
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
17 de abril 2024

VII Encontro de Deseño para a Innovación en Ferrol

O vindeiro 25 de abril terá lugar no CIS Tecnoloxía e Deseño de Ferrol o VII Encontro de Deseño para a Innovación organizado pola Consellería de Economía, Industria e Innovación a través da Axencia Galega de Innovación.

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

Nesta edición ponse o foco na relación entre o deseño, a tecnoloxía e o impacto económico e poderemos escoitar de primeira man a experiencia de compañeiros e compañeiras de profesión desde distintas disciplinas: deseño gráfico, deseño de produto dixital ou deseño de servizos enfocado á experiencia das persoas usuarias.

Entre as persoas relatoras atopamos a Uqui Permui, Premio Galicia Deseño 2023 na categoría Profesional, que exporá unha visión integral do deseño como panca para o desenvolvemento social e económico; Dani Bembibre e David Silvosa de Costa.io, Premio Galicia Deseño 2023 na categoría de Empresas, que falarán da súa maneira de traballar desde un punto de vista estratéxico; Carmen Bouza, deseñadora de produto dixital en Accenture Song, que centrará a súa charla na parte de proceso previo á creación; Rosa Seoane, directora de Digital Distribution & Workplace en ABANCA, que falará da relación existente entre a tecnoloxía e as persoas usuarias en entornos totalmente dixitais; e Javier Cañada, fundador do Instituto Tramontana e director de deseño de Visual MS, que falará do deseño como gran catalizador.

O encontro está aberto a profesionais do deseño de todas as áreas de especialización, estudantes e representantes de empresas e outras entidades interesadas en potenciar o deseño como ferramenta de innovación, competitividade e sustentabilidade nas súas organizacións.

Este ano o encontro trasládase a abril para conmemorar o Día Internacional do Deseño que se celebra o 27. A participación é de balde mais cómpre inscribirse previamente para que a organización poida levar un control de asistencia. Ao peche do encontro está previsto un aperitivo networking.

Programa do encontro
Formulario de inscrición
Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar) Corredoira das Fraguas, 92 15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421 Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

É membro da

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.