X Edición de Mundos Dixitais
Do 6 ao 9 de xullo celébrase na Coruña Mundos Dixitais, o Festival Internacional de Animación, Efectos Especiais, Videoxogos e Arquitectura Dixital.
O intenso programa deste ano arranca o mércores, cunha primeira xornada dedicada á arquitectura dixital, mentres que ao día seguinte, o cine e a animación serán os protagonistas. O xoves será ademais o día en que se poidan ver os últimos proxectos desenvolvidos neste ámbito polas empresas galegas Moonbite Games, Perro Verde Films e Otiiplanet. Os últimos avances en publicidade acapararán toda a atención durante a mañá do venres e xa pola tarde será a quenda das conferencias, con dúas das intervencións máis agardadas: a de Eric Roth e a do supervisor de efectos especiais na película Orixe, Astrid Busser. O festival pecharase o sábado coa entrega do premio especial a Alvy Ray Smith, cofundador de Pixar. Esta décima edición do festival presenta como novidade a celebración do I Foro de Educación para a Industria co fin de propiciar a comunicación e o intercambio de experiencias entre os representantes da industrias e os centros educativos. No marco deste encontro tamén está prevista a realización de procesos de recrutamento por parte dalgunhas empresas interesadas en incorporar novos talentos aos seus equipos. Lugar: Sede da Fundación Caixa Galicia Cantón Grande 21-24 15003 A Coruña Máis información na páxina de Mundos Dixitais
