Menu
  • Acerca da DAG
  • Novas
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
11 de xaneiro 2013

Xa están aquí os Laus!

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

Como cada ano, e con esta xa van 43, temos aquí unha nova edición dos Premios Laus que organiza a Asociación de Deseñadores Gráficos e Directores de Arte do FAD (ADG-FAD). Hai un días abríase o prazo de inscrición de obras nas diferentes categorías: deseño gráfico, web e medios dixitais, creatividade publicitaria, audiovisuais, empresas, entidades e estudantes. A inscrición só se pode realizar a través da web www.laus.cat e toda a información relativa á forma de pagamento, condicións de participación, etc. atópase dispoñible na propia páxina. O prazo para inscribirse remata o vindeiro 1 de febreiro e, na edición deste ano na que a DAG colabora como asociación amiga dos premios, todos os nosos socios teñen desconto.

Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar) Corredoira das Fraguas, 92 15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421 Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

É membro da

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.