Menu
  • Acerca da DAG
  • Novas
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
2 de febreiro 2018

Xa temos datas para a V Xornada da Cociña Gráfica

Será a próxima semana e a principal novidade desta edición é que a xornada viaxa a tres cidades galegas para facilitar a asistencia de todos os profesionais interesados.

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

Martes, 6 de febreiro terá lugar en Santiago de Compostela, na sede de Afundación, na rúa do Vilar, 19, en horario ininterrompido de 10.00 a 19.00 h

Mércores, 7 de febreiro será a vez da Coruña**, na sede de Afundación, rúa Cantón Grande, 8, en horario ininterrompido de 10.00 a 19.00 h

Xoves, 8 de febreiro, a última oportunidade para participardes. Desta vez, será Vigo a cidade que acolla o evento. A xornada desenvolverase no Colegio Hogar Afundación, rúa Filipinas, 6, en horario ininterrompido de 10.00 a 19:00 h

O programa inclúe as seguintes actividades:

  • 10.30 h Palestra de Lucía Míguez Rysia: A impresión 3D xa está entre nós, mais... onde?
  • 11.30 h Palestra de Claudio Cándido de Roland DG: A impresión dixital téxtil. Un mundo de posibilidades
  • 12.30 h Palestras de Oriol Palet e Enrique Esteve de Sign-Tronic: Do corte con tesoiras ao corte dixital. A súa evolución nos diferentes sectores industriais e aplicacións
  • 16.30 h Palestra de Claudio Cándido Roland DG: Personalización e dato variábel. A forza do simple
  • 18.00 h Presentación: A Cociña Gráfica – Just Print! As tecnoloxías dixitais ao servizo da innovación
  • De 10.00 a 19.00 h Obradoiros: Roland DG, Framum-Trotec, Sign-Tronic, Siser, Rysia, Plásticos Carrera, Grupo DV, Colegio Hogar Afundación.

As actividades son abertas e gratuítas, mais é necesario rexistrarse como asistente no evento para poder acceder. Podes rexistrarte aquí: Formulario de inscrición.

Web da Cociña Gráfica
Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar) Corredoira das Fraguas, 92 15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421 Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

É membro da

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.