Xornada gratuíta Deseño de Produto: Realidade Custo/Servizo
O vindeiro xoves, 15 de novembro, ás 19.00 h, tres dos socios da DAG: Alberto Rodríguez Montiel (membro fundador de FrutoDS), José Ramón Méndez Salgueiro (profesor da Escola Universitaria de Deseño Industrial de Ferrol) e Esteban Carballido Couceiro (responsable de deseño de produto de Televés) participarán como relatores nunha xornada que baixo o título Deseño de Produto: Realidade Custo/Servizo organiza a Cámara de Comercio de Vilagarcía de Arousa. Esta actividade enmárcase dentro do Programa Xornadas Competitividade que con motivo da actual conxuntura económica está a desenvolver a Cámara para mellorar a competitividade das empresas.
Nesta ocasión, a xornada centrarase en como o deseño de produtos para a empresa pode axudar a converter oportunidades de negocio en negocios efectivos e entre os puntos que se abordarán estarán o deseño de produto, as fases, as mellores propostas no menor tempo e menor custo, e tamén se analizarán casos prácticos de deseño e internalización. Para a inscrición diríxete ao enderezo electrónico b.lorda@camaravilagarcia.com ou entra no seguinte enlace: http://www.camaravilagarcia.com/index_3.php?id_seccion=523&id_idioma=2
