Menu
  • Acerca da DAG
  • Novas
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
10 de decembro 2021

Xornadas Bisiona na EASD Pablo Picasso

A Escola de Arte e Deseño Pablo Picasso da Coruña organiza Bisiona, as V Xornadas de Arte e Deseño os ​días 15, 16 e 17 de decembro. Este ano as charlas serán presenciais para o alumnado da escola e o público externo poderá seguilas a través da súa ​canle de Youtube.

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

Nesta V Edicion, as xornadas Bisiona contan con profesionais do ámbito da fotografía, da ilustración, da policromía, da escultura, da cerámica, do deseño gráfico e do deseño de interiores​. Durante tres días, ​o alumnado poderá gozar da experiencia de​ David Barro,​​ Christian García Bello, Ruth Villamagna, Iv​án Cotado, Daniel Ayuso, Elena Ramírez, Calros Silvar, Gimena Berenguer, Noemí López e Idea Creatividad; esta última presentará ademais a nova imaxe corporativa da escola​​.

A imaxe gráfic​a deste ano seleccionouse entre outras propostas desenvolvidas polos alumnos e alumnas de 4º Curso de Deseño Gráfico.

Máis información
Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar) Corredoira das Fraguas, 92 15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421 Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

É membro da

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.