Menu
  • Acerca da DAG
  • Novas
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
Socios e socias Proxectos

Memoria Xacobeo 2010

Estudio
Uqui-cebra
Cliente
S. A. de Xestión do Plan Xacobeo. Xunta de Galicia
Ano
2011
Fotografía
Manuel Valcárcel, Janite, Jaime Fernández e outros
  • Uqui Permui Uqui Permui

A elaboración da memoria dun acontecemento como o Xacobeo 2010 impoñía dúas esixencias: por unha parte, ordenar e presentar unha cantidade de información extensa e múltiple (axenda cultural, eventos, acontecementos sociais e protocolarios, datos económicos e turísticos, exposición de planos estratéxicos, balances, análises de expertos, etc.). Por outra banda, o libro debía satisfacer a función máis protocolaria e conmemorativa, materializándose tamén coma un libro-obxecto.

En colaboración co equipo de publicacións da S. A. de Xestión do Plan Xacobeo fóronse desenvolvendo os contidos e dándolle forma aos gráficos, táboas, infografías e mapas. Deseñouse tamén un sistema de separatas para distinguir os textos de análise máis xenérico, dispostos nun papel diferente e nun formato máis reducido có do resto das páxinas do libro. Para a ilustración fotográfica empregáronse diversas fontes, entre elas as do proxecto de Manuel Valcárcel sobre as peregrinacións ou as imaxes de concertos do vigués Janite. O resultado é un libro con dúas lecturas independentes: unha máis espectacular onde prima o relato fotográfico pero que non impide un percorrido alternativo na busca de información presentada rigorosamente.

No plano técnico, o resultado final son cincocentas páxinas nun xeneroso formato (25×29 cm) dispostas en tramos alternos de papel estucado e offset e encadernadas en tapa dura recuberta de seda negra con estampación en negro mate. O libro preséntase nunha caixa de cartón ao natural con textos serigrafiados en negro e cun sinxelo cortante que permite visibilizar o logotipo do Xacobeo 2010.

Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar) Corredoira das Fraguas, 92 15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421 Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

É membro da

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.