Adrián Parcero

Mezzet Dar

O Mezzet Dar é un restaurante situado no corazón de East Molesey, no sudeste da área metropolitana de Londres e a poucos quilómetros do centro da city.

A súa cociña de fusión e petiscos, baseada na tradición española e libanesa, conta con cada vez máis adeptos e mellores críticas.

Encargáronnos o deseño da súa nova e deliciosa carta. Debía ter un puntiño irreverente, de produción e adaptabilidade accesibles, e sinxela de trasladar fóra do continente.

Xogamos con tres tipos de papel, ilustracións surrealistas e unha maquetación elegante, estruturada como se dun LP de rock and roll se tratase, coa súa sobremesa/bonus track acochado no final_._