Volta

© 2010
[GF] Studio

Fotografía
Jacobo e Damián Gayo
Estilismo
Cristobal Vidal
Peiteado
Guy Pranzili
Maquillaxe
Silvia Fervenza

Volta é o traballo discográfico do gaiteiro Xosé Manuel Budiño que recolle as experiencias vividas nas súas viaxes polos catro continentes, onde a música galega se mestura e enriquece grazas a un interesante intercambio cultural.

Trátase dun produto audiovisual, un documental a xeito de road movie que amosa unha viaxe de ida e volta por países coma A Arxentina, México, Turquía, O Líbano, Xordania ou Marrocos, e que culmina no Festival de Ortigueira.

Para o artista, a cultura árabe ten un significado especial, por este motivo quixemos crear unha letraxe baseada nas características morfolóxicas da súa caligrafía, procurando crear algo novo que dotase dunha identidade propia e contemporánea este proxecto.

Para os bosquexos empregouse o cálamo, a ferramenta de escritura tradicional do mundo árabe.