Somos DAG
Avatar

Conchi Mayo

Xestión, produción e proxectos web en DARDO

  • Web
  • Editorial
  • Exposicións
  • Identidade corporativa
  • Gráfico
  • UX/UI

DARDO Rúa Peréz Costanti, 12

15702 Santiago de Compostela T. 881 018 893 conchimayo@dardo.gal

Conchi Mayo é fundadora e directora de DARDO e presidenta da Fundación DIDAC. Licenciada en Matemáticas pola USC, é deseñadora UX/UI e desenvolvemento web, con especial interese no deseño sustentable, implantando fai máis dunha década criterios medioambientais que levaron a que Dardo fose seleccionada como caso de éxito nas experiencias de eco-innovación no sector das artes gráficas, dentro do programa Ecogalicia Verde, servizos avanzados para a divulgación, promoción, diagnóstico e integración da eco-innovación nas PEMEs de Galicia. Con anterioridade, desenvolveu a súa carreira profesional na área de consultoría informática en INDRA, participando nos proxectos na área de telecomunicacións (R Cable e Telecomunicacións) e despois nas áreas de Sanidade e Administracións Públicas.