Somos DAG
Avatar

Ismael Canal

Deseñador de Produto Dixital

  • Web
  • UX/UI
  • Estratexia

Nos últimos 14 anos traballei en equipos de deseño de diferentes empresas, dende pequenas ata grandes organizacións, en distintos sectores como medios de comunicación, axencias, redes sociais, I+D, e-grocery, fintech e mobilidade.

Ao longo da miña traxectoria fun transitando entre a tecnoloxía e o deseño, pero sempre formei parte de equipos de deseño.

Non teño unha formación académica superior formal. Todo o que aprendín é froito da miña motivación, traballo duro e o apoio dos profesionais excepcionais que me ensinaron e guiaron no camiño.