Somos DAG
Avatar

Visual MS

ENTIDADE SOCIA PROTECTORA

info@visualms.com

Visual é unha entidade socia protectora de DAG. A súa achega económica está destinada a accións de formación, investigación ou divulgación en materia de deseño. Agradecemos o seu apoio. Coñécea:

Visual é unha empresa que crea software, entendendo a tecnoloxía como un motor que convirte soños e enxeño en servizos e progreso. Creemos nela. E por iso estudamos e traballamos maneiras de que o deseño a faga humana, bela e harmónica.

O noso día a día ven determinado polo que facemos, por iso concibimos o benestar de cada persoa de Visual como algo prioritario. O familiar, o emocional, o creativo e o intelectual son tan importantes como o laboral. Todo empeza e termina nas persoas.

A rendibilidade é o noso aire e a nosa auga, estamos comprometidos a preservala. Entendémola non como lucro, que é beneficio de poucos, senón como prosperidade, que é a mellora do conxunto.

Todo o importante na vida require tempo, acontece amodo, fórxase con dedicación e constancia: a cultura, a tecnoloxía, a empresa e, especialmente, as relacións. Esa é a nosa ollada e a nosa forma de facer.

Por iso queremos durar cen anos.