Somos DAG
Avatar

Yago Concejo

Deseñador gráfico

  • Gráfico
  • Web
  • Embalaxe
  • Identidade corporativa
  • Editorial
  • Audiovisual
  • Sinalética

Canteira de Eirís, 19 baixo 15009 A Coruña

T. 981 916 433

hola@srconcejo.es

Levo traballando na creatividade dende 1998. Sobrevivín a tempos sen correo electrónico e tratei con mensaxeiros suicidas que levaban discos ópticos á fotomecánica. Xa teño canas e os amigos do meu fillo chámanme señor (e os nenos sempre din a verdade cando non vai con eles), así que si: son o Sr. Concejo.

Empecei traballando nunha empresa de rotulación a finais de 1997, despois estiven un tempo nunha imprenta, estreseime nunha axencia de publicidade e dende o 2005 traballo pola miña conta. Tamén probei a montar unha axencia vítima dunha pandemia.

Adoro o branding e a creación de marcas sobre todas as cousas aínda que os últimos anos leváronme tamén polo deseño de gráficas publicitarias promocionais que vou reorientando o formato animado, e deseño web.