Convocatoria Acción DAG 11 - Participa ¡¡¡
A ConvocatoriaACCIÓN DAG 11é unha iniciativa daAsociación Galega de Deseñadoresdestinada a amosar e poñer en valor os últimos proxectos de deseño feitos en Galicia ou por diseñadores/as galegos/as, por unha parte utilizando aplataforma webcomo medio de difusión inmediato, e por outra coa vista posta enfuturas publicaciónsque reflictan o mellor do deseño galego. A través desta convocatoria aberta pretendemos abrir un novo espazo para amosar os nosos traballos, e convertelo nun referente para as empresas, institucións, estudantes e xente interesada no deseño e na cultura en xeral. Desde a DAG confiamos en que esta acción fomente as relacións profesionais e culturais para o noso colectivo.
ACCIÓN DAG 11

CONVOCATORIA
Cada deseñador/a, estudio, axencia ou colectivo poderá enviar atacinco proxectoscreados nos últimosdous anose valoraranse especialmente aquelas propostas máis inéditas. Nun futuro, esta convocatoria de Acción DAG preténdese que teña unha periodicidade anual.
A DAG velará por unha correcta difusión dos proxectos e imaxes enviados, e só serán utilizados dentro das actividades inscritas en Acción DAG 11.
O envío dos proxectos implica a aceptación destas bases.
A comisión de traballo para Acción DAG resérvase o dereito a realizar unha escolma de proxectos.
FORMATOS
Cada proxecto debe incluír:
Imaxes representativas (entre 5 e 8) en formato jpg e en calidade alta.
Ficha do proxecto, na que se indique:
Nome do estudio / axencia / deseñador/a ou colectivo.
Colaboradores (fotógrafo, ilustrador, tipógrafo...)
Nome do proxecto
Cliente
Ano
Categoría (Identidade corporativa, tipografía, gráfica aplicada, web, audiovisual, mobiliario, stand, industrial, editorial, embalaxe, etc...)
No caso da exposición de vídeos, deberán enviar o enlace á Vimeo, Youtube ou similares.
Texto descritivo do proxecto
Outros datos de interese
DATAS
Nesta primeira convocatoria recibiranse proxectos ata o día28 de febreiro. A partir desta data comezaranse a mostrar na web da DAG (www.asociaciondag.org). ENVÍOS
Para os envíos dos proxectos poderanse utilizar os seguintes medios:
- Directamente a través do correo electrónico a acciondag@asociaciondag.org (prégase non enviar correos de máis de 8 megas).
- A través de sitios web de descarga tipo Rapidshare, Megaupload, Sendspace etc...) enviando o enlace.
- A través de Dropbox, compartindo os arquivos coa dirección acciondag@asociaciondag.org
Prégase claridade nos envíos. Para calquera dúbida, poden poñerse en contacto coa asociación DAG en**acciondag@asociaciondag.org**
Descarga aconvocatoriae aficha de proxecto.