Menu
  • Acerca da DAG
  • Novas
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
2 de setembro 2013

Martín Azúa impartirá un obradoiro gratuíto para deseñadores e artesáns no XIII Encontro de Torneiros

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

Do 19 ao 22 de setembro de 2013 celébrase en Xermade o XIII Encontro de Torneiros en Galicia. Entre as actividades previstas na edición deste ano encóntranse diversas demostracións a cargo de artesáns convidados como Elisabeth Molimard (Baleirado dunha esfera), Yann Marot (Ángulo de corte: como acadar un bo corte coa ferramenta), Nicolas Gaussen (Torneado de multieixes, tres bólas labradas e texturas), unha exposición itinerante de madeira torneada e tamén a celebración dun foro de opinión e análise da situación do torneado de madeira e de conferencias, entre as que cómpre destacar Produción local: unha esixencia do deseño contemporáneo de Martín Azúa programada para o domingo 22 de setembro ás 11.30 h no Salón de actos do C.E.I.P de Xermade.

Ademais da conferencia, Martín Azúa será o encargado de impartir tamén o workshop Ferramentas para a nova cociña dirixido a artesáns e deseñadores. O obradoiro desenvolverase do 19 ao 22 de setembro na Biblioteca Municipal de Xermade (Lugo) en horario de 10.00 a 13.30 e de 16.00 a 19.30 (o xoves tan só pola tarde). A inscrición é de balde e pódese realizar a través da páxina web www.artesaniadegalicia.xunta.es, no correo electrónico formacion.artesania@xunta.es ou no teléfono +34 881 999 174. Para obter máis información sobre o encontro ou workshop descarga os programas:

Descargar
Descargar
Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar) Corredoira das Fraguas, 92 15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421 Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

É membro da

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.